Arquivo do blog

ROSALÍA. Recursos.

24 de febreiro , Aniversario do nacemento de Rosalía
Por que esta figura universal?

ANIVERSARIO de Rosalía de Castro

A palabra escrita como manifestación visible e lexible
Transformaremos  as escaleiras interiores do Centro  nun  espacio -texto  mediante unha dinámica de participación na que colaborarán as diferentes aulas.
Estes chanzos pretenden ofrecer visibilidade á voz da poeta e da comunidade.
Como?
 Nos días previos ao 23 de febreiro colocaremos nos chanzos das escaleiras versos do poemas 
-       De abaixo arriba desde o 1º andar ao segundo   nos dous corpos  de escaleira  4 aulas de 2º e 3º ciclo. Repartirán se para rotular, os espacios entre estrofas significa deixar un chanzo se cartel , un espacio :

Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:

non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
,

casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,

campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,


amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,

caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡Adiós contento,

Deixo a casa onde nacín, ...


Infantil desde o andar 0 ao Primeiro, 22 chanzos soportarán o texto 

Cómo chove miudiño,

cómo miudiño chove;
cómo chove miudiño                                                      

pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove...                                        
               
Misteriosa regadeira

fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,

remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.


Cómo chove miudiño,

cómo miudiño chove;
cómo chove miudiño

pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove...


1º ciclo ,  chanzos desde o primeiro ao 2º andar  , 22 chanzos soportarán o texto
 Alborada.  Versión de Uxía no Disco Rosalía pequeniña

Alborada
I
Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.




Material : papel continuo de cor, ironfix transparente, rotuladores groso para repasar as letras onde se poda, nada está pechado cada grupo pode ver o que mellor se lle axuste

APONTAMENTOS DO CURRÍCULUM PARA A REFLEXIÓN NA PRÁCTICA EDUCATIVA
Tiramos dos  Obxectivos para a E. Primaria. LOMCE fonte de referencia DOG -09/09/2014. Programación do Centro.
Obxectivos
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
 h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
o) Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e á sociedade galega

Que di o curriculum? Algunha cousiñas  para guiar o deseño de actividades

- B3.2.Manifestacións culturais e lingüísticas de Galicia  Contido
- B3.2.Valorar a diversidade cultural, social, política e lingüística de Galicia respectando as diferenzas. Criterio de Avaliación
- CSB3.2.1.Recoñece, partindo da realidade galega, a diversidade cultural, social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento cultural. Estándar
Competencias Sociais e Cívicas - Conciencia e Expresións  Culturais
- B3.7.Os movementos migratorios: éxodo rural, a emigración a Europa, a chegada de emigrantes ao noso país, problemas actuais da poboación. Estudo dos movementos migratorios da familia. Contido
- B3.4.Describir os movementos migratorios da poboación galega e de España explicando o éxodo rural, a emigración a Europa, e a chegada de emigrantes ao noso país e identificar os problemas actuais da poboación.
- CSB3.4.1.Explica o éxodo rural, a emigración a Europa, e a chegada de emigrantes ao noso país.  Estándar

 Competencia Social Cívica – CConciencia e Expresións Culturais – Competencia Comunicación Lingüística .